Servizos

image1

Construcciones Sada, S.L. é unha empresa cunha ampla experiencia contrastada no sector da construción. Baseamos a nosa traxectoria e crecemento no noso equipo de profesionais e na confianza depositada polos nosos clientes e colaboradores. Con todo isto podemos ofrecer un sistema de calidade total, comezando polo estudo do proxecto, despois realizando unha detallada planificación e seguimento e culminando cun sistema de control que garante a finalización de todas as unidades de obra. Dispoñemos dun sistema de prevención de riscos laborais clave na mellora continua da seguridade das nosas obras e seguimos evolucionando cos novos avances e tecnoloxías do sector. A continuación mostrámosvos algúns dos servizos que ofrecemos, para dúbidas ou cosultas sobre calquera deles non dubide en poñerse en contacto connosco.

Construcción

En todos estes anos adquirimos unha grande experiencia. Tivemos a oportunidade de realizar múltiples proxectos de construción. Entre todos estes proxectos hai vivendas unifamiliares, bloques de edificios, locais comerciais ou industriais, parques...

Rehabilitación ou reforma

Podemos mellorar a habitabilidade de calquera tipo de vivenda, arranxar problemas estruturais, adaptar espazos a persoas minusválidas, mellorar iluminación e ventilación, cubertas e fachadas, cerramentos, acabados de albanelaría e carpintaría...

Mantenemento

Mantemento integral a comunidades de veciños, tanto en zonas comúns coma en cada unha das vivendas particulares: pequenas obras ou reformas, solución de humedades, mantemento eléctrico, fontanaría, antenas, acristalado...

Asesoramento

Asesoramos sobre a compra de inmobles, revisión de defectos, a realización de reformas ou rehabilitacións, permisos e licenzas necesarios, estudos do terreo para edificacións novas...