Oportunidades

image1

Dende Construcciones Sada S.L. somos conscientes do momento no que nos encontramos, polo que estamos a intentar ofrecer alternativas diferentes á adquisición de vivendas novas. A día de hoxe podemos ofrecer en aluguer dous vivendas novas, a estrear e para entrar a vivir.

As devanditas vivendas encóntranse no municipio de Sada (A Coruña), concretamente na Avda. de Posse. Este é un municipio tranquilo situado nas Rías Altas, dentro da ría de Betanzos. Caracterízase pola suavidade das súas tempetaturas, a súa pouca oscilación térmica e polas súas resgardadas praias e moi aptas para o baño, sendo moi coñecida pola zona Arnela, Cirro e San Pedro. Todo o anterior e a súa proximidade á cidade da Coruña e Betanzos fan dela un lugar privilexiado.

Dende Construcciones Sada S.L. invitámoslles a que coñezan as nosas vivendas, así como o municipio no que se encontran situadas.

A continuación mostramos os planos das vivendas que podemos ofrecer a día de hoxe. Facendo click neles, ou no nome de cada piso. Esperamos que vos gusten.