A Empresa

Hay que remontarse a 1945 para empezar a falar desta empresa que hoxe coñecemos como Construcciones Sada, S.L. Foi fundada por D. Francisco Pérez Gómez como unha empresa familiar de gran proxección.

Dende o principio Construcciones Sada, S.L. destacou por intentar satisfacer, na medida do posible, as necesidades dos nosos clientes, ofrecendo a maior proximidade e compromiso para dar unha resposta o máis áxil posible. Este é un dos valores máis importantes da nosa empresa.

image1

Este percorrido a través dos anos, está avalado pola confianza depositada en Construcciones Sada, S.L. por cada un dos nosos clientes. Grazas a esta confianza puidemos adquirir a experiencia e profesionalidade necesarias para poder facer fronte a cada unha das inquietudes presentadas polos nosos clientes. Eles, son os responsables de que a día de hoxe poidamos continuar ofrecendo os nosos servizos cunha gran confianza e profesionalidade, por todo isto querémoslles dar as grazas e dicirlles que forman parte desta gran familia que é Construcciones Sada, S.L.

Actualmente, posuímos un persoal de dilatada experiencia profesional ao cal estamos profundamente agradecidos polo seu esforzo e profesionalidade en cada un dos proxectos realizados ao longo destes anos. Sen eles, non poderiamos estar na posición na que nos atopamos.

Agora a dirección de Construcciones Sada, S.L. está a cargo da segunda xeración de construtores, Francisco José Pérez Sánchez.

Dende o noso punto de vista este cambio xeracional beneficiou en todolos aspectos a Construcciones Sada, S.L. xa que se recolleu a testemuña con moitas ganas e con ideas novas e innovadoras. Grazas a todo este cambio, Construcciones Sada, S.L. evoluciona cos novos avances e tecnoloxías do sector no que nos encontramos, podendo ofrecer así múltiples servizos e solucións.