• "Andamiajes"
  • "Estructuras"
  • "Bloque de edificios"
  • Interiores
  • "Viviendas unifamiliares"
  • "Jardines"

Benvidos

Construcciones Sada, S.L. somos unha empresa familiar con máis de 50 anos de experiencia profesional no sector da construción. Invitámoslle a visitar a nosa web para descubrir as diferenzas que farán de Construcciones Sada, S.L. a empresa construtora elixida para a execución do seu proxecto.

image1

Construcciones Sada, S.L. é unha empresa familiar que foi crecendo co paso dos anos. Non foi un camiño doado, pero fomos capaces de manternos durante máis de 50 anos nun dos sectores máis competitivos do noso país. Aválannos máis de 1000 proxectos realizados e entregados satisfactoriamente aos nosos clientes. Cos nosos anos de traxectoria chegamos a entregar proxectos a distintas xeracións dunha mesma familia, o que nos comprace profundamente. Estamos preparados para acompañalo e asesoralo en calquera proxecto. Infórmese sen compromiso ningún.