FAQs - Preguntas frecuentes

image1

Neste apartado da web Construcciones Sada, S.L. intentará ir incorporando preguntas que realicedes frecuentemente coa súa resposta o máis detallada posible.

Será un apartado da nosa web que intentaremos ir actualizando de forma habitual, desta forma veredes respostas detalladas ao momento, sen ter que esperar unha resposta que se podería demorar algo no tempo.

¿Por que contratar a Construciones Sada, S.L. para realizar o meu proxecto?

Porque o noso principal obxectivo é conseguir a satisfacción dos nosos clientes. Despois de moitos anos de experiencia, comprobamos que a mellor publicidade para a nosa empresa é a que nos poden proporcionar os nosos propios clientes. Por todo isto, en cada proxecto que desenvolvemos, poñemos todo o noso empeño en prestar o mellor servizo posible durante toda a vida do proxecto. Outro dos motivos importantes que nos diferencia doutras empresas do sector, é que ao finalizar o proceso construtivo, o noso departamento de postvenda seguirá interesándose polo proxecto realizado para solucionar calquera anomalía ou pregunta se chegase a producirse.

¿Como xestionamos cada proxecto en Construciones Sada, S.L.?

Construciones Sada, S.L. é unha empresa na que dende o primeiro momento estudamos o proxecto a levar a cabo e realizamos un presuposto pormenorizado. O devandito presuposto será explicado con sumo detalle para poder responder calquera dúbida que poida xurdir do mesmo. Durante o proxecto irémosche achegando datos do transcurso da obra e podreis realizar visitas nas que te acompañaremos para responder a todas e cada unha das túas dúbidas.

¿Construciones Sada, S.L. é economicamente competitiva?

A experiencia adquirida ao longo de todos estes anos axúdanos á hora de deseñar cada un dos proxectos. Grazas a esta experiencia, na fase de deseño podemos detectar e solucionar moitos dos inconvenientes que puidesen xurdir na construción. Todo isto axúdanos a ofrecer un servizo de primeiro nivel e cun custo inferior á media do mercado, xa que moitos dos posibles inconvenientes quedarán solucionados antes de comezar a obra, axustando así o seu custo e reducindo o prazo final de entrega.